Andaina Solidaria Lavadores 2022
A ANPA Escolas Nieto, en colaboración coa Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores, organiza para este mes de xuño unha andaina solidaria coa intención de recaudar fondos para axudar a Aspanaex, a Asociación en favor das Personas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra.
A andaina terá lugar o próximo 12 de xuño, e se levará a cabo a través dunha pequena ruta forestal no monte Vixiador, en Candeán. O percorrido será de aproximadamente 5 km., circular, con inicio no aparcadoiro diante da Cantina Vixiador.
A inscrición será de 5 € para os adultos e 2 € para os nenos e nenas. O percorrido é moi sinxelo, e recorre parte do fermoso bosque que ocupa a meirande parte do parque forestal do Vixiador, así que a participación dos nenos e nenas non só é posible senon que está totalmente recomendada. Toda a recaudación se donará a Aspanaex.
Con cada inscrición de adulto daremos unha camiseta conmemorativa do evento (ata agotar existencias, hai camisetas para os 100 primeiros anotados). Con cada inscrición de neno ou nena daremos un pack de mochila e botella (ata agotar existencias, hai packs para os 100 primeiros anotados). Así mesmo, poderase donar unha aportación voluntaria na fila 0, para o caso de que queirades facer unha maior aportación o que teñades intención de colaborar pero non podades acudir na data sinalada.
Para formalizar a inscrición:
- enviade un mail a anpa@anpaescolasnieto.es ou un whatsapp ao teléfono da ANPA 684 118 508, indicando o nome completo e a data de nacemento de todos os participantes.
- ingresade a vosa donación ou aportación na conta ES54 2080 5526 6730 0000 6437, indicando como concepto o nome de un dos participantes do voso grupo ou familia.
Agardamos a vosa participación; este evento será unha fantástica oportunidade de facer un pequeno percorrido pola natureza, coñecendo un dos parques forestais máis fermosos da nosa comarca, e ademáis colaborando con unha asociación que realiza unha labor fundamental para axudar a personas con discapacidade.
¡VIDE A CAMIÑAR CONNOSCO!