Celebrada la Andaina Solidaria Lavadores 2022

O pasado domingo 12 de xuño celebrouse a primeira Andaina Solidaria Lavadores 2022, evento solidario organizado pola ANPA de Escolas Nieto e pola Asociación de Veciños de Lavadores, en beneficio da asociación Aspanaex, a Asociación en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra.

A participación na andaina foi un éxito rotundo, puidemos disfrutar dunha fermosa mañá de primaveira paseando polo monte Vixiador, participando dunha actividade familiar e ademáis puidemos colaborar cunha pequena aportación ó labor dunha asociación que fai un traballo esencial axudando a familias con membros con discapacidade. O mellor, coñecer a moitísima xente solidaria e xenerosa, que dedican o seu tempo a axudar a aqueles que máis o necesitan.

Agradecemos especialmente a súa participación a Santos Héctor Rodríguez Díaz, da Diputación de Pontevedra, a Teresa Galisteo, presidenta de Aspanaex, e á Asociación de Veciños de Lavadores pola súa axuda na organización da andaina.

O éxito desta iniciativa nos anima a repetir, así que non teñades dúbida que haberá máis andainas solidarias no próximo curso. ¡Gracias a todos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *