ANPA

¡Benvidos e benvidas ao novo curso escolar 2023-2024!

Dende a ANPA queremos compartir a ilusión e o compromiso que ano tras ano vivimos nestas datas mamis, papis, alumnos, alumnas, profesores e profesoras, o vos animamos a participar nesta etapa de aprendizaxe e de crecemento dos nosos fillos e fillas.

Lembramos que asociarse e participar nas actividades da ANPA é enormemente importante para que a nosa axuda chegue a todos os alumnos e a todas as alumnas, e para conseguir proxectos que beneficien a todo o alumnado. Invitámosvos a ser socios e a colaborar nas nosas actividades, que ó fin e ó cabo son de todos.