Gran Festa Fin de curso 2022 da ANPA Escolas Nieto

Xa estamos a piques de rematar o curso 2021-2022 e despois de estes anos duros sen poder celebrar como estamos acostumados, os nosos pequechos e pequechas ben merecen disfrutar do fin de curso como sempre facíamos. Polo que o ANPA xa ten organizada a Festa de Fin de Curso intentando retomar as festas celebradas en anos anteriores. 

Temos preparada unha FESTA HOLI para a que tedes que vir preparad@s con ropa branca, gafas e gorro. Ademáis haberá inchábeis, animación e baile, música, cantina e o que todos e todas estamos agardando a GRAN FESTA HOLI. 

As entradas para a Festa terán un precio de 4€ para os non soci@s, e 2€ para soci@s. Os acompañantes poderán entrar gratis, cun máximo de 2 adultos por familia.  

Sodes tod@s convidados a participar o mércores 22 de xuño, a partir das 17.00 hs, na entrada do patio grande da escola. Alí poderedes mercar as vosas entradas. 

Lembrade o teléfono da ANPA e o correo para calquera dúbida ou pregunta: 684118508 – anpa@anpaescolasnieto.es 

Agardamos que todolos nenos e nenas da escola se animen e participen connosco. ¡Os esperamos!

junio 5, 2022

Etiquetas: , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *