Publicado o Protocolo para as familias de Secundaria para o curso 2020/2021

A Dirección de Escuelas Nieto publicou esta semana o protocolo que se seguirá no centro durante este curso 2020/2021, como guía para as familias dos alumnos e alumnas de Educación Secundaria (ESO) para a observación de medidas de protección sanitaria frente á epidemia de COVID-19. Este protocolo comunicouse ás familias á través do canal de Telegram da escola e a través da aplicación Tokapp, e está publicado na web da escola www.escuelasnieto.com.

O protocolo consta de 3 documentos:

  • Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021: detalla as medidas específicas, organización do centro, organización das actividades lectivas e complementarias, medidas de limpeza, xestión dos gromos e protocolo ante a aparición de casos, organización dos espazos do centro, etc.
  • Plan de Continxencia: detalla as actuacións a levar a cabo en caso de aparición dun caso de COVID-19 ou de un gromo na escola, e organiza a actividade lectiva online en caso de confinamento total ou parcial no alumnado do centro.
  • Plan Acollida ESO: guía básica para as familias no momento da volta ó cole.

O protocolo e os Plans de Adaptación e Continxencia son os mesmos que no caso de Educación Infantil e Primaria. As medidas máis importantes recollidas no protocolo e específicas para a ESO son

  • entrada de toda a ESO polo mesmo lugar e no mesmo horario; horarios e lugares de saída diferenciados por cursos.
  • modificacións nas aulas de 1º de ESO e 2º de ESO.
  • mascarilla obligatoria; haberá que traer unha mascarilla de recambio, e un estuche para guardar as mascarillas.
  • manter ó menos 1,5 metros de distancia co resto das persoas nos accesos (entradas e saídas do centro ou do comedor), nos espacios de espera e atención ao público e nas mesas, mostradores e despachos de atención ao público.
  • uso obligatorio de desinfectante ao entrar no centro e ao entrar na aula.
  • aseos propios para cada curso.
  • suspensión dos clubes, grupos interactivos, saidas pedagóxicas e excursións.
  • libros e material gardados no estuche, identificado con nome; non se poderá compartir material.
  • mochilas o menos voluminosas posibles, e preferiblemente sen rodas para poder colgalas das sillas.
  • os complementos non necesarios na escola será recomendable non traelos; os abrigos preferentemente que non toquen o chan ó colgalos da silla; por seguridade non se utilizarán os percheiros.
  • botellas de auga individuais e identificadas, non se poderá beber dos aseos ou fontes.
  • cada alumno traerá a súa propia bolsa para o lixo, que depositará na papeleira nos cambios de clase ou recreos.
  • no centro haberá dispoñibles solución hidroalcohólica, papel, xabón, etc.; para as clases de educación física non se poderán usar os vestiarios, polo que é recomendable traer toalliñas húmedas para un mínimo aseo.
  • titorías por vía telefónica ou a través da plataforma Google Clashroom para clases online.
  • rexistro especial de horarios de ventilación das aulas.
  • medidas específicas para madrugadores, comedor, educación física, vestiarios, aseos, aulas de necesidades especiais, aulas TIC, biblioteca, etc.
  • organización dos recreos.
  • actividades de formación e difusión do plan.
  • importantísimo manter os teléfonos de contacto actualizados e operativos, xa que serán as vías utilizadas para a comunicación no caso de un brote ou contaxio.
  • definición das actuacións a realizar dende o centro ante a aparición dun caso con síntomas dentro da escola; definición das actuacións a realizar dende o centro no caso de aparición dun caso positivo confirmado na comunidade educativa.
  • rexistro de ausencia específico para casos de sintomatoloxía compatible con COVID-19, que non serán utilizados para a apertura de expedientes de absentismo.
  • cada familia deberá realizar unha autoavaliación clínica cada mañá antes de acudir ao centro; ante a aparición de calquera síntoma non se acudirá ao centro.
septiembre 21, 2020

Etiquetas: ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *