Publicado o Protocolo para as familias de Infantil e Primaria para o curso 2020/2021
A Dirección de Escuelas Nieto publicou hoxe o protocolo que se seguirá no centro durante este curso 2020/2021, como guía para as familias para a observación de medidas de protección sanitaria frente á epidemia de COVID-19. Este protocolo comunicouse ás familias á través do canal de Telegram da escola e a través da aplicación Tokapp, e está publicado na web da escola www.escuelasnieto.com.
O protocolo consta de 3 documentos:
- Plan de Adaptación á situación COVID-19 no curso 2020/2021: detalla as medidas específicas, organización do centro, organización das actividades lectivas e complementarias, medidas de limpeza, xestión dos gromos e protocolo ante a aparición de casos, organización dos espazos do centro, etc.
- Plan de Continxencia: detalla as actuacións a levar a cabo en caso de aparición dun caso de COVID-19 ou de un gromo na escola, e organiza a actividade lectiva online en caso de confinamento total ou parcial no alumnado do centro.
- Plan Acollida EI-EP: guía básica para as familias no momento da volta ó cole.
O protocolo ven determinado de acordo co Protocolo Xeral publicado pola Consellería de Educación, e pode ser revisado no caso de que haxa algún cambio no mesmo tanto dende a Xunta de Galicia como dende o Ministerio de Educación. As medidas máis importantes recollidas no protocolo son
- lugar de entrada de saída diferenciadas por cursos; non estará permitida a entrada de acompañantes, agás en 4º Infantil que poderá entrar só un acompañante por alumno ou alumna.
- horarios de entrada en saída diferenciados por cursos.
- mascarilla obligatoria en Primaria, recomendada en Infantil; haberá que traer unha mascarilla de recambio, un estuche para guardar as mascarillas e no caso dos máis pequenos identificar as mascarillas co nome do alumno ou alumna.
- manter ó menos 1,5 metros de distancia co resto das persoas nos accesos (entradas e saídas do centro ou do comedor), nos espacios de espera e atención ao público e nas mesas, mostradores e despachos de atención ao público.
- uso obligatorio de desinfectante ao entrar no centro e ao entrar na aula.
- en Infantil e Primaria se conformarán grupos estables, polo que non terán interacción con outras aulas.
- libros e material gardados no estuche, identificado con nome; non se poderá compartir material.
- mochilas o menos voluminosas posibles, e preferiblemente sen rodas para poder colgalas das sillas.
- os complementos non necesarios na escola (paraguas, abrigos, etc.) serán levados polas familias; os abrigos preferentemente que non toquen o chan ó colgalos da silla; por seguridade non se utilizarán os percheiros.
- botellas de auga individuais e identificadas, non se poderá beber dos aseos ou fontes.
- cada alumno traerá a súa propia bolsa para o lixo, que depositará na papeleira nos cambios de clase ou recreos.
- no centro haberá dispoñibles solución hidroalcohólica, papel, xabón, etc.; para as clases de educación física non se poderán usar os vestiarios, polo que é recomendable traer toalliñas húmedas para un mínimo aseo.
- establecemento do número de alumnos por aula e de profesores que terán contacto directo cos mesmos.
- reducción do movemento entre aulas e uso de espazos comúns.
- identificación de colocación dos pupitres nas aulas; en Infantil haberá pupitres por grupos pero que se manterán ó longo do curso.
- titorías por vía telefónica ou a través da plataforma Google Clashroom para clases online.
- rexistro especial de horarios de ventilación das aulas.
- medidas específicas para madrugadores, comedor, educación física, vestiarios, aseos, aulas de necesidades especiais, aulas TIC, biblioteca, etc.
- organización dos recreos.
- actividades de formación e difusión do plan.
- importantísimo manter os teléfonos de contacto actualizados e operativos, xa que serán as vías utilizadas para a comunicación no caso de un brote ou contaxio.
- definición das actuacións a realizar dende o centro ante a aparición dun caso con síntomas dentro da escola; definición das actuacións a realizar dende o centro no caso de aparición dun caso positivo confirmado na comunidade educativa.
- rexistro de ausencia específico para casos de sintomatoloxía compatible con COVID-19, que non serán utilizados para a apertura de expedientes de absentismo.
- cada familia deberá realizar unha autoavaliación clínica cada mañá antes de acudir ao centro; ante a aparición de calquera síntoma non se acudirá ao centro.


Deja una respuesta