IV Concurso Cabazas Decoradas da ANPA Escolas Nieto

A pesar da situación actual das actividades na escola e a pesar das medidas que debemos observar na loita contra a COVID-19, neste ano 2020 non queremos deixar pasar a oportunidade de convocar de novo un dos concursos máis queridos polos nosos nenos e nenas: o concurso de cabazas de Samaín.

Este ano non podemos levar as cabazas á escola e expoñelas como en cursos pasados, pero dende a ANPA creemos que os alumnos e as alumnas de Escolas Nieto queren de tódolos xeitos decorar as súas cabazas na casa e mostralas a todos os seus compañeiros e compañeiras. Por tanto, na ANPA decidimos convocar un ano máis o noso concurso de cabazas decoradas, que este ano será un pouco distinto pero que agardamos que sexa igual de divertido gracias á vosa participación.

As bases do concurso son as seguintes:

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do colexio.
  2. As cabazas poderán ser naturais ou non, poderanse empregar todo tipo de materiais e a caracterización é totalmente libre.
  3. O prazo de entrega será do luns 26 a o xoves 29 de outubro ambos incluidos. As cabazas entregadas fóra do prazo indicado ou sen identificar, quedarán fóra do concurso.
  4. Para participar haberá que enviar 3 fotos: unha de antes de comezar, outra durante o proceso de decoración e outra coa cabaza finalmente decorada. As fotos enviaranse ó WhatsApp da ANPA ou á súa dirección de correo electrónico anpa@anpaescolasnieto.es, acompañadas do nome do alumno e o seu curso. A ANPA reservase o dereito de non admitir a participación dunha cabaza si polas fotos enviadas pódese deducir que as fotos son descargadas de Internet e a cabaza non foi decorada polo alumno ou alumna do colexio. Trala recepción da mesma, a cada unha asignaráselle un número co que participará no concurso.
  5. As fotos publicaranse no Facebook e no Instagram da ANPA durante toda a semana según se vaian recibindo.
  6. En Educación Infantil será premiada a cabaza elixida por un xurado formado por un profesor de plástica, un membro da directiva da ANPA e un membro do centro educativo que non sexa docente.
  7. En Primaria e Secundaria serán premiadas as cabazas elixida por un xurado formado por un profesor de plástica, un membro da directiva da ANPA e un membro do centro educativo que non sexa docente. Valorarase a participación dos nenos e nenas na elaboración das cabazas.
  8. Os alumnos de Primaria e Secundaria competirán nas categorías de “cabaza máis orixinal” e “cabaza máis terrorífica”.
  9. O venres 30 de outubro serán as votacións para escoller as cabazas gañadoras, publicaranse as cabazas gañadoras no Facebook e no Instagram da ANPA. Farase ademais una comunicación persoal para coordinar a recollida do premio.

Os participantes aceptan a difusión das imaxes das cabazas participantes para dar a coñecer a actividade realizada

octubre 20, 2020

Etiquetas: , ,
  • Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *