Viaxe a Cíes organizada pola ANPA

Neste curso 2021-2022 desde a ANPA queremos repetir a celebración da viaxe a Cies, un clásico das actividades da ANPA que cada vez acada máis participación, e que supón un divertido remate ao traballo de todo o curso.

A viaxe terá lugar (se o tempo e a normativa de saúde pública o permite) o vindeiro 25 de xuño (horario por confirmar).

As reservas realizaranse exclusivamente a través do correo electrónico da ANPA, anpa@anpaescolasnieto.es. Os datos que hay que enviar para a reserva son o nome completo, a data de nacemento e o DNI de todos os pasaxeiros. A data límite para apuntarse é o 15 de abril.

O pago realizarase por transferencia bancaria á conta da ANPA antes do 1 de xuño:

  • Caixabank ES76-2100-5832-5202-0004-7891
  • CONCEPTO: Cíes + nome do socio ou da socia.

Se poderán facer modificacións ou cancelacións ata o día 1 de xuño.

Igual que o ano pasado, este ano a saída está aberta a todas as familias da escola. Todos os nenos e todas as nenas poderán acompañarnos nesta excursión. O precio reducido para socios da ANPA se limitará a dous acompañantes por socio/socia, pero poden acudir máis acompañantes abonando o precio xeral.

Este é o cuadro de prezos.

(Nota.- Se o neno ou a nena xa ten os 5 anos cumpridos na data da excursión, pasa a pagar o prezo do tramo de 5-16 anos. Se o neno ou a nena xa ten os 16 anos cumpridos na data da excursión, pasa a pagar prezo de adulto.)

Agardamos de verdade que vos animedes a participar na excursión, xa que é unha gran ocasión para compartir paseos, sol e xogos con outras familias da nosa escola.

marzo 21, 2022

Etiquetas: , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *