Viaxe a Cíes organizada pola ANPA
O ano pasado a pandemia desbotou moitos plans, e entre otros a nosa idea de repetir a viaxe a Cíes que fixemos en 2019 e que resultou ser un día fantástico no que puidemos compartir un día fermoso en plena natureza. Para este próximo vran queremos intentar repetir aquel día, e por tanto repetimos a nosa convocatoria para a viaxe a Cíes, nesta ocasión aberta para todas as familias da escola, e coa esperanza de que a situación permita que se poida levar a cabo.
A viaxe terá lugar (se o tempo e a normativa de saúde pública o permite) o vindeiro 26 de xuño. O horario da excursión será de 10:15 a 20:00 h.
As reservas realizaranse exclusivamente a través do correo electrónico da ANPA, anpa@anpaescolasnieto.es. Os datos que hay que enviar para a reserva son o nome completo, a data de nacemento e o DNI de todos os pasaxeiros. O pago realizarase por transferencia bancaria á conta da ANPA antes do 1 de xuño:
- Caixabank ES76-2100-5832-5202-0004-7891
- CONCEPTO: Cíes número e nome do socio ou da socia.
As cancelacións realizadas antes do día 10 de xuño serán sin cargo e devolverase o pago. Despóis de esa data a naviera non reembolsa o billete e non poderemos realizar a devolución.
Reservarase un Vitrasa para a baixada ao porto, e outro para o regreso. A saída e chegada será a parada da igreza de Santa Clara, en Ramón Nieto.
Este ano a saída está aberta a todas as familias da escola. Todos os nenos e todas as nenas poderán acompañarnos nesta excursión. O precio reducido para socios da ANPA se limitará a dous acompañantes por socio/socia, pero poden acudir máis acompañantes abonando o precio xeral.
Este é o cuadro de prezos.
(Nota.- Se o neno ou a nena xa ten os 5 anos cumpridos na data da excursión, pasa a pagar o prezo do tramo de 5-16 anos. Se o neno ou a nena xa ten os 16 anos cumpridos na data da excursión, pasa a pagar prezo de adulto.)
Agardamos de verdade que vos animedes a participar na excursión, a primeira vez foi superdivertido e é unha gran ocasión para compartir paseos, sol e xogos con outras familias da nosa escola.
Deja una respuesta