Taller en familia – Manualidades de Nadal

Os talleres mensuais da ANPA están sendo un éxito de participación, así que continuamos con máis propostas para pasar unha tarde en familia facendo tareas divertidas e educativas.

Para este mes de decembro preparamos un taller sobre manualidades de Nadal. Neste taller aprenderemos a facer fermosos e divertidos adornos para a nosa árbore de Nadal, ou para decorar a nosa casa e acadar un entorno o máis navideño posible.

O taller terá lugar o próximo venres 13 de decembro, no edificio principal da escola, a partir das 17:00 h. O prezo, que cibre o material necesario para a realización dos adornos, é de 10 € para socios da ANPA e 15 € para non socios. A cuota permite a participación no taller de un neno ou nena máis un adulto.

Lembrade que para asistir debedes facer reserva no correo da anpa, anpa@anpaescolasnieto.es, ou no teléfono, 684118508. Agardamos que a participación de nenos, nenas, pais, nais e demáis familia sexa o máis numerosa posible… ¡agardámosvos!

diciembre 3, 2019

Etiquetas: , , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *