Faladoiro activo con Aida Lorti

Continuamos cos talleres dos venres na Asociación de Nais e Pais Escolas Nieto. Nesta ocasión presentamos un taller impartido por unha nai da escola, socia da ANPA, educadora infantil e experta en pedagoxías alternativas, e responsable do proxecto educativo Educaflash.

O taller proposto por Aida ten por título “Faladoiro activo – Entender os conflictos e as perrenchas”, e ten como obxectivo establecer conversas e propoñer ferramentas para que nós, pais e nais, podamos controlar e reconducir esos momentos dos nosos fillos nos que se enfrentan a nós por un ou outro motivo.

O taller, pensado para pais e nais de nenos de calquera idade, terá lugar o próximo 29 de novembro no edificio principal da escola. O coste do taller é de 10 € para socios e 15 € para non socios, e teredes á vosa disposición un servizo de gardería para que os vosos pequeños e as vosas pequenas poidan xogar un pouco durante a charla.

Lembrade que para asistir debedes facer reserva no correo da anpa, anpa@anpaescolasnieto.es, ou no teléfono, 684118508. Necesitamos a vosa participación para que o taller sexa un éxito e todos podamos aprender a tratar mellor as perrenchas dos nosos fillos e das nosas fillas.

noviembre 21, 2019

Etiquetas: , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *