I Concurso de Cabazas Decoradas
Anpa Escolas Nieto organiza o I concurso de cabazas decoradas para celebrar o Samaín.
-
Poderán participar todos os alumnos e alumnas do colexio.
-
As cabazas poderán ser naturais ou non, poderanse empregar todo tipo de materiais e a caracterización é totalmente libre.
-
O prazo de entrega será ata o venres 27 de outubro.
-
Cada cabaza deberá levar escrito por debaixo o nome, apelidos e curso do alumno. Trala recepción da mesma, a cada unha asignaráselle un número co que participará no concurso.
-
En Educación Infantil será premiada a cabaza máis votada polos alumnos de 3, 4 e 5 anos.
-
Os alumnos de Primaria e Secundaria competirán nas categorías de “cabaza máis orixinal” e “cabaza máis terrorífica”.
-
O luns 30 de outubro serán as votacións para escoller as cabazas gañadoras e o reconto de votos e a entrega de premios en público será o martes 31 de outubro durante a festa do Samaín. No caso de que haxa un empate, os membros da ANPA elixirán a cabaza gañadora.
-
A cada participante daráselle un obsequio e os gañadores recibirán o premio correspondente e un diploma.
-
Cada neno levará a súa cabaza unha vez rematado o concurso.
-
Os participantes aceptan a difusión das imaxes das cabazas participantes para dar a coñecer a actividade realizada.
¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!
Deja una respuesta