Gran festa de Fin de Curso 2019 da ANPA Escolas Nieto

O pasado venres 14 de xuño celebramos na escola a gran festa de fin de curso da ANPA. Un ano máis a celebración foi todo un éxito, e os nenos e nenas da escola disfrutaron dunha tarde de diversión coa festa Holi e as súas nubes de pó de cores, cos inchables, coa música, os disfraces e todo o que tiñamos preparado para eles e para elas.

Por segundo ano consecutivo, a directiva da ANPA queremos agradecer a tódolos nenos, pais e nais, avoas e avós e demáis familia, a vosa asistencia á festa, que gracias a vos foi un enorme éxito. É un paso máis para convertir este evento nunha cita imprescindible cada ano, contando sempre coa vosa participación e pensando na diversión e na convivencia dos nosos fillos e fillas. ¡GRACIAS!

Podedes ver un video da festa no noso Facebook.

junio 18, 2019

Etiquetas: , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *