Convocatoria de asamblea de socios ANPA Escolas Nieto
A ANPA convoca ós seus socios e socias a unha reunión ordinaria o próximo LUNS 10 DE XUÑO, ás 18:15 en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria. O lugar da reunión será o edificio principal da Escola.
Orde do día:
- Memoria de actividades.
- Estado actual de contas.
- Estado xeral da ANPA.
- Rogos e preguntas.
Agradecemos a vosa asistencia. Invitamos ademáis a asistir a todos aqueles pais e nais que estén interesados no funcionamento da ANPA, os que aínda non son socios serán tamén benvidos.
Para facilitar a asistencia á asamblea, o día da reunión haberá unha monitora infantil para coidar dos nenos e nenas.
Deja una respuesta