Convocatoria do Programa Bono Coidado da Xunta de Galicia

O Plan de dinamización demográfica de Galicia 2013-2016, horizonte 2020 recolle como un dos seus obxectivos estratéxicos o de ampliar e consolidar as medidas para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e constitúe unha das súas medidas prioritarias a promoción e a diversificación dos servizo de atención á infancia.

A atención das necesidades de conciliación das familias galegas é tamén unha das áreas estratéxicas do Programa de apoio á natalidade (PAN), área que ten como obxectivo propiciar un ambiente social favorable e a entre outras medidas a posta á disposición das familias de recursos que lles permitan compatibilizar o desempeño profesional cos labores de atención e coidado das fillas e fillos.

En qué consiste a axuda?
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerán a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, ás familias con nenos e nenas menores de tres anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares, así como proceder á súa convocatoria.

Persoas beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono coidado os/as  pais/nais, titores/as, ou as persoas acolledoras de nenos/as menores de tres anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

a) Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.

b) Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita.

Podedes acudir á orde publicada no DOGA para toda a información sobre a axuda e cómo solicitala. O prazo de solicitude remata o próximo 30 de Setembro.

septiembre 24, 2021

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *