Circular Xaneiro 2018

Estimadas familias:

 

A Anpa contacta de novo con vós para pedirvos a vosa colaboración. No primeiro trimestre do curso conseguimos un importante número de socios; estamos moi contentos e agradecidos pola confianza depositada en nós, pero seguimos precisando que ese número de socios aumente.

É importante para os nosos fillos e para que o traballo da Anpa chegue a todos por igual, polo que a vosa colaboración é esencial para que moitos proxectos poidan levarse a cabo e que todos os nenos e nenas do colexio poidan beneficiarse nas mesmas condicións, algo que actualmente é complicado.

Por iso confiamos na vosa axuda e en que vos asociedes para poder seguir crecendo e conseguir, se cabe, unha mellor vida escolar para os nosos fillos.

 

Lembramos tamén que comeza un novo cuatrimestre e que podedes inscribir ós vosos fillos nas actividades extraescolares impartidas no centro Máis que Auga de Barreiro.

Ós alumnos que xa desfrutan da actividade pasarase o segundo cargo o día 10 de febreiro de 2018.

Podedes consultar toda a información relacionada con estas actividades no blog da Anpa https://anpaescolasnieto.wordpress.com/  ou preguntar calquera dúbida no correo electrónico anpaescolasnieto@outlook.com.

Lembrade unirvos a páxina de Facebook na que publicamos noticias das actividades que se levan a cabo.

https://www.facebook.com/ANPAescolasnieto/

 

Obxectivos logrados no 1º trimestre:

  • Poñer as contas da ANPA ó día. Crear libros de rexistro e arquivo. Actualizar a nova directiva na Xunta e nas contas bancarias.
  • Reducir a cota para asociarse a ANPA a 18€ por alumno.
  • Crear un Blog e unha conta de Facebook para ter ós socios informados.
  • Crear una conta de correo electrónico para recibir todas as peticións e propostas dos socios, así como buzóns en ambos edificios.
  • Xestionar as actividades extraescolares. Incorporar á oferta as actividades do MQA.
  • Organizar concurso de cabazas por Samaín.
  • Traer a Papá Noel a escola para os alumnos de infantil e primaria (de 1º a 4º) con agasallos e chocolatada.
  • Cubrir os gastos de catering da festa de Antigos Alumnos.
  • Organización e venda de Lotería de Nadal.
  • Solicitada a redución da cota do servizo de madrugadores, así como empregar o servizo de forma fraccionada.
  • Organización da festa de Nadal no salón de actos do Centro Cultural da Becerreira (Cabral).

 

Obxectivos propostos:

  • Buscar unha nova proposta para a reportaxe fotográfico. Intentar baixar o prezo e aumentar as combinacións de compra de fotos.
  • Solicitar o programa da Xunta “Almorzos Saudables”.
  • Colaborar coa organización do Carnaval.
  • Colaborar coa organización do Festival de Fin de Curso.
  • Colaborar coa recollida de libros e xestión para abrir unha biblioteca en Infantil.

 

Iremos incorporando máis obxectivos durante o curso ademais de atender todos as petición que nos enviedes.

A ANPA está para axudar e intermediar, todos as familias son importantes.

 

Descargar circular.

 

enero 28, 2018

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *