Benvidos, antigos alumnos
Temos que comunicarvos unha boa nova; polo menos pra nós é outro pequeno logro. Como todos sabedes, a asociación tamén é dos antigos alumnos da escola, pero ata o de agora ningún ex-alumno formaba parte da asociación. Ben, pois ata hoxe, que podemos confirmar que xa hai un asociado contribuíndo con nós.
Un pequeno paso máis que confirma que o noso traballo trae resultados positivos. Imos a modiño, pero imos.
Invitámosvos a comunicar, se coñecedes a algún ex-alumno de Escolas Nieto, que se poñan en contacto con ANPA para que podamos invitalos a formar parte do noso proxecto.
Deja una respuesta