Celebrada a Festa de Nadal e o Mercadillo Solidario 2021

O pasado venres 17 de decembro tivo lugar, na Asociación de Veciños de Lavadores, a Festa de Nadal da ANPA Escolas Nieto, además de terse celebrado o Mercadillo Solidario da escola.

Durante todo o día moitísimos rapaces, rapazas, e moitísimas familias de Lavadores achegáronse á Asociación, ben para mercar algunha cousa no Mercadillo, ben para participar nos talleres da Festa, para asistir á actuación do grupo de baile da escola ou para levarlle a súa carta a Papa Noel, que nos visitou con motivo desta celebración de Nadal.

O noso agradecemento a todas as familias que estivéchedes participando na festa, ás voluntarias que acudiron á chamada da ANPA, a todos os que mercaron algún agasallo no Mercadillo Solidario (que tivo unha fantástica recaudación, que o cole e a ANPA destinaremos a UNICEF), e a todas as persoas que volvíchedes a disfrutar da Festa de Nadal da ANPA.

Queremos transmitir además un agradecemento especial á Asociación de Veciños de Lavadores pola súa acollida e por facer todo tan doado, e por suposto a Papa Noel por achegarse a ver aos nenos e nenas de Escolas Nieto.

Para o ano que ven, máis.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *