Realizada a Asamblea Ordinaria da ANPA curso 2021-2022

O pasado venres 10 de decembro celebramos a Asamblea Ordinaria da Asociación de Nais e Pais e Antiguos Alumnos de Escolas Nieto. Nela aprobáronse a memoria dos proxectos realizados durante os últimos cursos, as contas da asociación e se estableceron algúns proxectos a realizar a lo largo deste curso.

O número de socios creceu este ano a 124.

A relación de proxectos e actividades realizados dende a anterior Asamblea é a seguinte:


Ademáis de estas actividades e proyectos, continuamos a realizar algunhas accións que se manteñen ó longo de todos os cursos:

  • Listado de socios colaboradores con descontos para os socios da ANPA.
  • Organización da Lotería de Nadal.
  • Aportación solidaria á Fundación CRIS (axuda contra o cancro).

Como proxectos para este ano estamos a preparar os seguintes:

  • Festa de Nadal e colaboración co Mercadillo Solidario da escola.
  • Charla para 3º e 4º da ESO sobre o traballo da Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica.
  • Modificación dos carnets de socio por un modelo dixital de carnet.
  • Visita de Papa Noel á escola.
  • Concurso de palabras e frases motivadoras para completar a decoración da escaleira da zona central da escola (proxecto xurdido gracias á aportación e suxerencia de unha alumna de 1º de ESO).
  • Sesión de fotos na escola (a realizar en primaveira).
  • Banco da Amistade.
  • Subvención de parte do coste da excursión de fin de curso a socios.
  • Talleres de Primeiros Auxilios hasta 4º de Primaria.
  • Charla de educación afectivo-sexual.
  • Charlas impartidas por enfermeiras do Meixoeiro para lavados de manos e primeiros auxilios.
  • Excursión a Cíes.

No transcurso da asamblea e como aportación das nais presentes se suman á lista de proxectos a realizar:

  • Excursións e saídas a outros lugares aparte de Cíes; como primeira idea pensouse en facer unha visita á Illa de San Simón.
  • Recuperación do proxecto de andaina solidaria.
  • Recuperación da realización dos talleres familiares.

diciembre 12, 2021

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *