Viaxe a Cíes organizada pola ANPA
A razón de ser da ANPA de Escolas Nieto é a realización de actividades educativas e lúdicas para todos os alumnos e todas as alumnas da escola. Aportando a súa cuota anual, as familias axudan a que organicemos actividades de moi diversos tipos pensando en todos os nenos e nenas de Escolas Nieto. Por iso, o noso obxetivo é que TODAS as familias da escola sexan socias da ANPA, e ter así o máximo de recursos para poder realizar cantas máis actividades, mellor.
Por desgracia, aínda non temos acadado o obxetivo do 100%, pero sí que hai un gran número de familias que fan seu o propósito da ANPA e que colaboran con este proxecto, axudando así á realización de actividades que aporten de xeito positivo á educación e á convivencia dos nosos fillos e das nosas fillas.
É a esas familias ás que dende a directiva da ANPA queremos decir grazas. É a esas familias ás que queremos agradecer a súa implicación e a súa colaboración. E para facelo organizamos unha actividade moi especial: unha excursión ás Illas Cíes.
A excursión terá lugar o próximo 29 de xuño, e os precios para a viaxe son inmellorables: os nenos socios e as nenas socias viaxan gratis, e os acompañantes (un máximo de 2 por familia) pagarán 6,60 €/persoa. Os nenos menores de 2 anos tamén viaxan gratis.
A excursión xa ten todas as prazas ocupadas, ainda que podedes poñervos en contacto coa ANPA para estar informados de cancelacións de última hora.
Agardamos que esta actividade se convirta en un día maravilloso de convivencia entre todas as familias socias da ANPA, que os nenos e as nenas pasen un día xenial cos seus compañeiros de clase e con outros nenos da escola, e sobre todo agardamos que nos próximos anos o número de familias socias da ANPA sexa suficiente para poder extender este tipo de actividades a todas as nenas e a todos os nenos de Escolas Nieto.
Deja una respuesta