Viaxe a Cíes organizada pola ANPA
Neste curso 2022-2023 desde a ANPA queremos repetir a celebración da viaxe a Cies, un clásico das actividades da ANPA que cada vez acada máis participación, e que supón un divertido remate ao traballo de todo o curso.
A viaxe terá lugar (se o tempo o permite) o vindeiro 24 de xuño (horario por confirmar).
As reservas realizaranse exclusivamente a través do correo electrónico da ANPA, anpa@anpaescolasnieto.es. Os datos que hay que enviar para a reserva son o nome completo, a data de nacemento e o DNI de todos os pasaxeiros. A data límite para apuntarse é o 15 de abril.
O pago realizarase por transferencia bancaria á conta da ANPA antes do 1 de xuño:
- Caixabank ES54-2080-5526-6730-0000-6437
- CONCEPTO: Cíes + nome do socio ou da socia.
Se poderán facer modificacións ou cancelacións ata o día 1 de xuño.
Igual que o ano pasado, este ano a saída está aberta a todas as familias da escola. Todos os nenos e todas as nenas poderán acompañarnos nesta excursión. O precio reducido para socios da ANPA se limitará a dous acompañantes por socio/socia, pero poden acudir máis acompañantes abonando o precio xeral.
Este é o cuadro de prezos.
(Nota.- Se o neno ou a nena xa ten os 5 anos cumpridos na data da excursión, pasa a pagar o prezo do tramo de 5-16 anos. Se o neno ou a nena xa ten os 16 anos cumpridos na data da excursión, pasa a pagar prezo de adulto.)
Agardamos de verdade que vos animedes a participar na excursión, xa que é unha gran ocasión para compartir paseos, sol e xogos con outras familias da nosa escola.
Deja una respuesta