Modificado o Protocolo da Xunta para a volta ás escolas no curso 2020/2021
Despóis da reunión do Ministerio de Educación coas comunidades autónomas do xoves 28 de agosto, e despóis das últimas modificacións plantexadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e pola Consellería de Sanidade, este pasado luns 31 de agosto publicouse un novo protocolo de saúde para a volta do curso 2020/2021.
O protocolo presentado é definitivo e incorpora os últimos acordos entre Goberno central e comunidades autónomas, e as últimas indicacións do comité de expertos que asesora ó Goberno galego en relación á pandemia de COVID.
As principais novedades desta última versión son:
- comezo escalonado das clases: día 10 para 4º e 5º de Infantil, e 1º, 2º e 3º de Primaria; día 11 para 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria; día 16 para 1º e 2º de ESO e 1º de Bacharelato; día 17 para 3º e 4º de ESO e 2º de Bacharelato.
- distancia de 1 metro e medio entre alumnos, sen fixar un ratio máximo de alumnos por aula.
- toma de temperatura na casa, e aislamento en espera de que o alumno sexa recollido pola familia en caso de detección de síntomas na escola.
- asentos fixos en transporte e comedor e reforzo das tarefas de limpeza; aumento da ventilación de aulas e outros espacios.
- uso obligatorio da mascarilla durante toda a xornada escolar, e obligación de levar unha segunda mascarilla de recambio; recomendada en Infantil.
- o protocolo de actuación en caso de aparición dun positivo confirmado deixase en mans da comunicación entre o colexio e o centro de saúde asignado para a súa observación.
A dirección da escola está traballando na adaptación do protocolo xeral adoptado pola Consellería de Educación á situación específica do centro, e será comunicado o antes posible ás familias.

Deja una respuesta