III Mostra de Cabazas Decoradas ANPA Escolas Nieto

Debido á grande acollida das pasadas edicións, a Anpa Escolas Nieto organiza a III mostra de cabazas decoradas para celebrar o Samaín.

Será unha actividade na que poderán participar todos os alumnos e alumnas do colexio e que servirá para fomentar a participación e a creatividade e reducir a competitividade.

As cabazas poderán ser naturais ou non, poderanse empregar todo tipo de materiais e a caracterización é totalmente libre.

Cada cabaza deberá levar escrito por debaixo o nome, apelido e curso do alumno. Deberán entregarse o mércores 25 ou o xoves 26 de outubro e estarán expostas ata o venres 27, día no que cada neno e nena deberá levar para casa a súa cabaza. Os participantes que o desexen, poden enviarnos por correo electrónico a foto da súa creación e difundiremos as imaxes nas nosas redes sociais.

A cada participante daráselle un obsequio pola súa participación.

octubre 18, 2023

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *