I Mostra de Postais de Nadal

Comprácenos informarvos dunha nova actividade que levaremos a cabo. Trátase dunha exposición de postais de Nadal na que poderá participar todo o alumnado do colexio co obxetivo de fomentar a participación e a creatividade e reducir a competitividade.

As postais poderán realizarse con todo tipo de materias. Deberán ter tamaño cuartilla (medio folio) e levar escrito un desexo. Cada postal deberá levar o nome, apelido e o curso do alumno ou alumna pola parte de atrás.

As postais poderán entregarse entre o 27 de novembro e o 5 de decembro: o alumnado de Primaria e ESO deberán metelas no buzón de Nadal que haberá na entrada do edificio principal e o alumnado de Infantil entregarallas ás súas profesoras.

Cada participante deberá enviar un correo antes do día 10 de decembro a anpa@anpaescolasnieto.es co nome e curso do alumno ou alumna e unha foto da postal se quere que se expoña nas nosas redes sociais.

Importante: só recibirán o agasallo por participar os que envíen o correo para inscribirse na mostra (sempre recibirán resposta a ese correo).

noviembre 20, 2023

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *