I Mostra de Cabazas Decoradas ANPA Escolas Nieto
Anpa Escolas Nieto organiza a I mostra de cabazas decoradas para celebrar o Samaín.
Será unha actividade na que poderán participar todos os alumnos e alumnas do colexio e que servirá para fomentar a participación e a creatividade e reducir a competitividade.
As cabazas poderán ser naturais ou non, poderanse empregar todo tipo de materiais e a caracterización é totalmente libre.
Cada cabaza deberá levar escrito por debaixo o nome, apelido e curso do alumno. Deberán entregarse o mércores 27 ou o xoves 28 de outubro e estarán expostas ata o venres 29, día no que cada neno e nena deberá levar para casa a súa cabaza. Os participantes que o desexen, poden enviarnos por correo electrónico a foto da súa cabaza e difundiremos as imaxes nas nosas redes sociais.
A cada participante daráselle un obsequio e un diploma.
Deja una respuesta