Gran Festa da Espuma Fin de curso 2023

Xa estamos a piques de rematar un novo curso e de novo toca disfrutar dunha gran festa, compartindo unha tarde de troula cos máis pequenos e as máis pequenas.

Para este ano temos preparada unha divertidísima Festa da Espuma, así que lembrade vir preparados: bañador, chanclas ou, para disfrutar a tope, algo de roupa para mudarvos ao final. Ademáis haberá animación, baile, música, cantina, grandes sorteos e a actuación do grupo da extraescolar de baile.

As entradas para a Festa terán un precio de 4€ para os non soci@s, e 2€ para soci@s. Os acompañantes poderán entrar gratis, cun máximo de 2 adultos por familia.  

Estades todos e todas convidados e convidadas a participar o venres 17 de xuño, a partir das 17.00 hs, na entrada do patio grande da escola. Estade atentos ás comunicacións da ANPA para conseguir as vosas entradas. 

Lembrade o teléfono da ANPA e o correo para calquera dúbida ou pregunta: 684118508 – anpa@anpaescolasnieto.es 

Agardamos que todolos nenos e nenas da escola se animen e participen connosco. ¡Vide a disfrutar da festa da ANPA!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *