Convocatoria para novo vogal na xunta directiva da ANPA
A Anpa precisa un ou unha vogal; se estades interesados ou interesadas contactade con nós a través do correo electrónico e darémosvos a información que precisedes para poder presentar a vosa candidatura.
O novo vogal será elixido mediante Asemblea extraordinaria convocada nas vindeiras semanas. Recordamos que tanto para poder ser elexido como vogal como para poder votar na asemblea é imprescindible ser socio da ANPA e estar ó corrente do pago da cuota anual do curso 2018-2019. Podedes consultar os estatutos na nosa web.
O prazo pra presentar candidaturas remata o día 28 de setembro.
Deja una respuesta