Convocatoria de asamblea extraordinaria de socios ANPA Escolas Nieto
A Anpa convoca reunión extraordinaria o próximo luns 15 de outubro ás 18:15 en primeira convocatoria e ás 18:30 en segunda convocatoria.
Orde do día:
-Elección da nova vogal.
-Proxectos para este curso.
-Festas de Nadal e Fin de curso.
-Estado actual da Anpa.
-Rogos e preguntas.
Invitamos a asistir a todos aqueles pais e nais que estén interesados no funcionamento da ANPA, os que aínda non son socios serán tamén benvidos (para a elección da nova vogal só terán dereito a voto os socios que estén ó corrente de pago desde curso 2018-2019).
Deja una respuesta