Celebrada a viaxe a Cíes
O pasado 29 de xuño fixemos a nosa viaxe a Cíes con todos os socios e socias que quixeron acompañarnos neste día de ocio e natureza.
O día foi espléndido e todos os excursionistas pasamos unha xornada xenial, disfrutando da praia, do sol, da inigualable paisaxe das illas e da compaña de amigos e familiares.
Unha iniciativa de éxito que esperamos poder repetir en outras ocasións.
Deja una respuesta