Campamento de verán na Asociación de Lavadores

A ANPA Escolas Nieto mantén o seu acordo coa Asociación de Veciños de Lavadores para que os nenos e nenas da escola poidan asistir ao campamento de verán que organiza a Asocación a precios reducidos.

O campamento celebrarase nos meses de xullo e agosto, con horario de 9:00 a 14:30 horas. Hai servizo de madrugadores dende as 8:00 e servizo de tupper, poden comer alí a comida que leven de casa e quedar ata as 15:00 h.

O campamento está preparado para nenos a partir de 3 anos e contará con todas as garantías sanitarias esixidas polas autoridades.

O precio do campamento é de 40 € a semana e 70 € a quincena (35 € e 60 € para os socios da asociación). Os nenos e nenas que presenten o carné da ANPA de Escolas Nieto terán o mesmo precio que os socios da Asociación. O servizo de madruga ten un coste adicional de 15 € e o de tupper un coste adicional de 10 €.

O derradeiro día para inscribirse é o 26 de xuño.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *