Andaina Solidaria Lavadores 2024

A ANPA Escolas Nieto, en colaboración coa Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de Lavadores, organiza para o próximo mes de abril a segunda andaina solidaria coa intención de recaudar fondos para colaborar con Alento, asociación de axuda a familias con persoas afectadas por dano cerebral.

A andaina terá lugar o domingo 21 de abril, cun recorrido urbano adaptado para todas as persoas e para todas as idades. O percorrido total é circular, de 6,9 km de longo, con saida na asociación Alento, en Navia, pasando pola Senda do Lagares, Paseo de Samil, Avenida da Florida e volta a Navia. A hora de saida está prevista para as 10:00 h, cunha duración estimada de 3 horas e media.

A inscripción terá as seguintes modalidades:

  • sen coste para nenos de 0 a 3 anos.
  • 2 € para nenos de 4 a 17 anos.
  • 5 € para persoas de 18 anos e maiores.
  • Ademáis haberá a opción de dorsal solidario por si queres colaborar pero non podes asistir á andaina.

Para formalizar a inscrición podedes entrar neste formulario e cubrir os vosos datos:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O pago das inscricións deberá efectuarse na conta de Abanca ES54 2080 5526 6730 0000 6437 antes do 17 de abril (no concepto deben aparecer os datos da persoa que apareza como titular do formulario). Importante: debes enviar un xustificante de ingreso a anpaescuelasnieto@gmail.com

Calquera dúbida ou pregunta poñédevos en contacto con nos no teléfono da ANPA 684118508, por chamada ou whatsapp.

Agardamos a vosa participación; este evento será unha fantástica oportunidade para colaborar con unha asociación que realiza unha labor fundamental para axudar a personas con dano cerebral.

¡VIDE A CAMIÑAR CONNOSCO!

  • Deja una respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *