Festa de Antigos Alumnos en Escolas Nieto

Como xa ven sendo tradición dende hai moitos anos, o pasado domingo 15 de decembro celebramos na escola o Día de Antigos Alumnos, celebración na que intentamos lembrarnos e homenaxear a todos aqueles que tiveron a oportunidade de recibir a súa formación académica na nosa escola.

A celebración deste 2019 foi dedicada á importante efeméride que estamos a celebrar no curso 2019-2020: os 120 anos dende a fundación de Escolas Nieto. Deste xeito, a protagonista desta homenaxe nesta ocasión foi a propia escola, que naceu hai 120 anos da man do recordado Ramón Nieto.

Nesta festiva ocasión tivemos a sorte de disfrutar da actuación do Clube de Música, dunha pequena obra realizada polo Clube de Teatro, e de varias pezas interpretadas pola Asociación de Xubilados de Lavadores, que nos truxeron as súas fermosas voces, o seu cariño e a súa vitalidade.

diciembre 16, 2019

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *