Informe de actividades curso 2021-2022

Hai cinco cursos que comezamos o noso proxecto, con ilusión e resultados moi satisfactorios, aprendendo cada día e intentando a mellora constante, contando coa vosa confianza.

A Anpa un curso máis quere dar as gracias a todos os socios e a todas as socias por seguir contando connosco ano tras ano e traballar en novos proxectos.

A continuación detallamos as principais actividades realizadas dende o Anpa para este curso 21-22 xa finalizado:

  • Festa de Nadal celebrada na AVV LAVADORES o 17 de decembro de 2021.
  • Festa  Holi Fin de Curso celebrada o 22 de xuño de 2022 nas instalacións da escola.
  • Concurso de Samaín.
  • Colaboración no mercadillo solidario organizado pola Escola e que se realizou na Asociación de Vecinos de Lavadores a favor de UNICEF. No mesmo evento organizouse un mercadillo de artigos de segunda man donde o recaudado foi para o mesmo destino.
  • Organización dun taller de primeiros auxilios impartido para os alumnos e alumnas de Ed. Infantil.
  • Organización da representación teatral “O Principito” para os alumnos e alumnas de Ed. Infantil e Primaria de 1º a 4ª.
  • Xestión de extraescolares.
  • Xestión da lotería de Nadal.
  • Nadal, Organización da visita do Paxe Real para que lle deixaran un video e agasallos aos nosos cativos de Ed. Infantil e Primaria de 1º a 4ª.
  • Colaboración coa venda das entradas do Festival de Fin de Curso organizado pola escola.
  • Xestión e entrega de reportaxe fotográfico escolar.
  • Excursión a Cíes para familias, con prezos subvencionados para as familias socias.
  • Descontos significativos no prezo da excursión de fin de curso.
  • Andaina solidaria realizada a favor de Aspanaex realizada o 12 de Xuño de 2022 en colaboración coa A VV LAVADORES.
  • Entrega de mascarillas a todos os socios e socias.
  • Organización xunto con Tatarina do Campamento de Verán ofertado para todas as familias da escola.
  • Creación de medios de comunicación cercanos ás familias.
  • Intermediación entre familias e a escola.

Estamos á vosa disposición no correo electrónico anpa@anpaescolasnieto.es , por whatsapp no 684118508 ou mediante a nosa páxina de Facebook, Instagram e páxina web.

Lembramos que asociarse e participar coa Anpa é moi importante para conseguir proxectos que aporten beneficios para todos os alumnos e alumnas da escola. Agradecemos calquera colaboración ó respecto que nos queirades aportar e difusión para que o alumnado que todavía non sexa socio o faga.

Despedímonos desexando que teñades un bo verán.

agosto 5, 2022

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *