Festa de Nadal ANPA Escolas Nieto 2021

Despóis do parón obligado de 2020, este ano 2021 retomamos a nos Festa de Nadal, facéndoa coincidir ademáis coa celebración do Mercadillo Solidario da escola, que o ano pasado tamén tivo que suspenderse.

Esta ano, ademáis, utilizamos a Festa de Nadal e o Mercadillo Solidario para estrear unha nova etapa de colaboración coa Asociación de Veciños de Lavadores, unha colaboración que esperamos sexa de novo fructífera e exitosa para as tres entidades, a Asociación, Escolas Nieto e a ANPA.

O vernes 17 de decembro por tanto celebraremos a nosa Festa de Nadal, nas instalacións da Asociación de Veciños de Lavadores, coas seguintes actividades:

  • Mercadillo Solidario: o mercadillo estará instalado mañán e tarde, nas instalacións da Asociación de Veciños; lembrade que os nenos terán que levar a sua ficha de 2 € para poder intercambiala por calquera dos obxetos artísticos que os nenos estiveron fabricando estes días pasados. Nesta ocasión, además, a ANPA montará unha mesa propia con material de segunda man que tamén podedes mercar, de xeito que a recaudación da mesa da ANPA sumarase á recaudación da Escola para entregar unha doazón a unha ONG local.
  • Música e actuación do grupo da actividade de baile. A actuación terá lugar ás 17:30 h.
  • Visita dun persoaxe máxico, ás 18:30 h
  • Obradoiros durante toda a tarde, dende as 16:00 h.
  • Cantina da ANPA.

Agardámosvos a todos e invitámosvos a participar na Festa de Nadal. O acceso é aberto a tódos os nenos e a todas as nenas. Tamén vos invitamos a colaborar na organización da festa, o que podedes facer de moitos xeitos: atendendo durante un rato á mesa do Mercadillo Solidario, organizando ou axudando na realización de un obradoiro, atendendo na cantina, botando unha man na organización… Pero o mellor xeito de colaborar é participar na festa e pasar unha tarde de troula cos nenos e as nenas nos días de Nadal.

Lanzamos tamén dende aquí a invitación a todos os pais e nais, avós e avoas, e demáis membros das familias da escola, para que aportedes material para a nosa mesa no Mercadillo Solidario: todo aquelo que tedes na casa e que poida ter unha segunda vida nas mans de outra persoa, podedes aportalo á mesa y axudaredes a recaudar cartos para unha ONG.

Para calquera pregunta, dúbida, etc., ou para colaborar na organización da festa, podedes escribir a anpa@anpaescolasnieto.es, ou contactar noso número de teléfono. Para a aportación de material de segunda man á mesa da ANPA, podedes contactar por Whatsapp no 676827248.

¡AGARDAMOS A VOSA PARTICIPACIÓN! ¡VÉMONOS NA FESTA DE NADAL!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.