Cancelación de actividades

Queridos socios e queridas socias, desgraciadamente temos que comunicar que a ANPA decidiu cancelar todas as actividades previstas para esta segunda metade do curso 2019-2020. A situación actual de paralización e a incerteza sobre o que vai acontecer nos próximos meses obrigan a tomar esta decisión.

Aínda que cara ao final de Maio ou en Xuño poida finalizar o estado de alarma, non temos asegurado que se vaian poder realizar actividades con público ou que supoñan reunir a unha certa cantidade de persoas. Xa que logo, é complicado realizar todo o traballo de preparación das actividades sin ter a garantía de que se van poder realizar.

As actividades que se ven afectadas son: a saída para a recollida de lixo no Monte Vixiador, a andaina solidaria para recaudar fondos para a asociación Bicos de Papel, a excursión de verán a Cíes e a festa de verán. Intentaremos reprogramar todas elas en canto sexa posible.

Estamos seguras de que entenderedes esta decisión, e quedamos á vosa disposición para calquera cuestión.

Un abrazo e ánimo.

abril 2, 2020

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *