Reclamacións das ANPAS galegas fronte o protocolo da Xunta para o curso 2020/2021

A Confederación de ANPAS Galegas reclama á Xunta modificacións ó Plan da Xunta de Galicia para a volta ás clases presenciais no curso 2020/2021. A evolución da pandemia no mes de agosto agrava as posibles carencias do plan da Xunta, que aínda que contaba coa aprobación xeral da comunidade educativa no momento da súa aplicacion agora mesmo ofrece bastantes dudas de que sexa un protocolo que poida garantizar a saúde dos alumnos e das alumnas, e por tanto das súas familias.

Tendo sempre claro que o obxetivo a buscar é a volta ás clases presenciais, as reclamacións das ANPAS galegas incide nun aspecto que está ausente do protocolo publicado pola Consellería de Educación: a reducción do número de alumnos por aula e a opción, sempre que iso non sexa posible, de aumentar horarios. Tanto unha medida como a outra levan á mesma necesidade: a necesidade de aumentar o número de profesores.

Todos desexamos que a volta ás clases presenciais se produza de xeito seguro, e que dende a Xunta de Galicia se extremen tanto as medidas como os medios ao alcance dos centros para que os peches parciais non acaben sendo unha realidade o próximo mes de setembro.

(Fonte da fotografía: marca.com)
agosto 12, 2020

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *