Primeiro trimestre superado

Acaba un trimestre e podemos facer balance do que foron estas primeiras semanas do curso 2020-2021, o curso da COVID.

En canto á incidencia da pandemia na escola, podemos estar contentos e satisfeitos. Non se produciron brotes, as medidas de seguridade funcionaron adecuadamente e Escolas Nieto foi un exemplo máis de que a situación no eido educativo está sendo controlada e que todo parece funcionar si seguimos as indicacións das autoridades. A resposta dos alumnos e de toda a comunidade educativa foi exemplar e dende a dirección da escola felicitan a todas as familias pola súa axuda.

A colaboración da ANPA coa escola na compra de depuradores para as aulas do piso superior, que teñen máis dificultades para manter os requisitos de ventilación, foi tamén agradecida pola dirección da escola. Quizáis o punto máis negativo sexan os problemas na entrada pola rúa Brea Muiñeira, e o tráfico e as dificultades para manter a orde nos minutos de entrada e saída da escola. Seguimos intentando acadar máis axuda por parte do Concello, e mentras tanto solicitamos ás familias que axuden en todo o posible para que esta situación funcione o mellor posible.

En canto ás actividades da ANPA, lóxicamente víronse afectadas polas estrictas medidas de seguridade que temos que observar; a festa de Nadal non se pudo organizar, nin tampouco o día de Antigos Alumnos, que queríamos adicar á promoción de 4º da ESO que nos abandonou este vran pasado. Non pudo ser, pero seguimos traballando para que a ANPA poida realizar de novo actividades de interese para todos os alumnos e todas as alumnas da escola.

Mentres tanto, ¡Bo Nadal e Feliz 2021!

diciembre 18, 2020

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *