Mellora da biblioteca de Escolas Nieto

O noso centro foi integrado este ano dentro do PLAMBE, o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia.

Tras un enorme esforzo e traballo das profesoras da escola, tanto en formación como en catalogación e preparación do material de lectura pertencente á escola, a biblioteca de Escolas Nieto está preparada para o seu uso por toda a comunidade educativa do centro.

A maiores, na web da escola incluíuse un apartado no que se publicarán todas as novas relativas á biblioteca.

Agardamos que o curso que ven, dentro de toda a normalidade posible, o uso da biblioteca polos alumnos e polas alumnas de Escolas Nieto sexa exemplar.

julio 9, 2020

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *