III Concurso Cabazas Decoradas da ANPA Escolas Nieto

Anpa Escolas Nieto organiza o III concurso de cabazas decoradas para celebrar o Samaín.

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do colexio.
  2. As cabazas poderán ser naturais ou non, poderanse empregar todo tipo de materiais e a caracterización é totalmente libre.
  3. O prazo de entrega será o luns 28 e o martes 29 de outubro. As cabazas entregadas fóra do prazo indicado ou sen identificar, quedarán fóra do concurso.
  4. Cada cabaza deberá levar escrito por debaixo o nome, apelidos e curso do alumno. Trala recepción da mesma, a cada unha asignaráselle un número co que participará no concurso.
  5. En Educación Infantil será premiada a cabaza elixida por un xurado formado por un profesor de plástica, un membro da directiva da ANPA e un membro do centro educativo que non sexa docente. En Primaria e Secundaria a cabaza gañadora será a que consiga 2 dos 3 votos posibles: 1 voto por elección popular (votarán todos os alumnos e alumnas do centro menos infantil), 1 voto por un profesor de plástica e por último 1 voto dun membro da directiva da ANPA. Valorarase a participación dos nenos e nenas na elaboración das cabazas.
  6. Os alumnos de Primaria e Secundaria competirán nas categorías de “cabaza máis orixinal” e “cabaza máis terrorífica”.
  7. O mércores 30 de outubro serán as votacións para escoller as cabazas gañadoras, o reconto de votos e a entrega de premios en público durante a festa do Samaín. No caso de que haxa un empate, os membros da directiva da ANPA, que se atopen no centro, elixirán a cabaza gañadora.
  8. A cada participante daráselle un obsequio e os gañadores recibirán o premio correspondente e un diploma.
  9. Cada neno levará a súa cabaza unha vez rematado o concurso.
  10. Os participantes aceptan a difusión das imaxes das cabazas participantes para dar a coñecer a actividade realizada.
octubre 21, 2019

Etiquetas: , , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *