Gran Festa de fin de curso 2019 ANPA Escolas Nieto

Acércase a fin deste curso 2018-2019 e xa temos preparada a Festa de Fin de Curso organizada pola ANPA Escolas Nieto. Tras o enorme éxito da festa do ano pasado, intentamos mellorar este ano e que os nenos e as nenas da escola pasen unha tarde inolvidable para celebrar o final desde curso.

Nesta ocasión imos a celebrar unha FESTA HOLI, para o que tedes que vir preparados: ropa blanca e gafas e gorro. Ademáis, haberá inchábeis, animación e bailes, música, performances, actividades variadas e a nosa cantina para que podades contribuir á celebración da festa.

Este ano, por decisión dos socios da ANPA, a Festa fin de curso terá un precio de entrada: será de 4 € para os non socios, e 2 € para socios. Non poden acudir nenos ou nenas de fora da escola. Os acompañantes poderán entrar gratis, cun máximo de 2 adultos por familia.

A Festa terá lugar o venres 14 de xuño, a partir das 17:00 h, no edificio principal da escola.

Podedes comprar as entradas a través de Internet, na seguinte dirección:

https://www.eventbrite.es/e/entradas-festa-fin-de-curso-2019-59838198663

Para poder comprar a vosa entrada teredes que indicar un código. Para os socios e socias da ANPA, o código será enviado a través de Whatsapp. Para os nenos e nenas que aínda non son socios, o código será entregado por os profesores da escola, ou ben na clase ou ben a través do Tokapp da escola.

Lembrade o teléfono da ANPA e o correo para calquera dúbida ou pregunta:
684118508 – anpa@anpaescolasnieto.es

Agardamos a tódoslos nenos e nenas da escola a que participen da festa. ¡Non podedes faltar!


abril 25, 2019

Etiquetas: , ,

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *