Festa de Nadal ANPA Escolas Nieto 2019

Un ano máis a ANPA de Escolas Nieto organizamos a xa afamada Festa de Nadal. Unha nova ocasión na que compartir un bo rato de diversión reuníndonos nenos, nenas, pais, nais e demáis familia nunha estupenda tarde de festa.

Nesta ocasión teremos un montón de actividades: pintacaras, tatuaxes, obradoiro de postais, animación, baile, sorteos, photocall… Ademáis, colaborando coa campaña “Cada niño un juguete”, recolleremos xoguetes de eses que os vosos fillos e as vosas fillas xa non utilizan e que poden ter unha nova vida nas mans de outros nenos e nenas.

A festa terá lugar o vindeiro 20 de Decembro, no edificio principal da escola, a partir das 17:00 h. A ENTRADA É GRATUITA PARA TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA, e os seus acompañantes, polo que agardamos que sexa unha gran oportunidade para que aqueles que aínda non sodes socios da ANPA podades coñecer o que facemos na asociación e vos animedes a ser socios.

Haberá unha pequena cantina para recaudar fondos para a asocación, con precios especiais para socios da ANPA.

Agardamos que nos acompañedes todos os pais, nais, nenos e nenas da escola e que pasemos unha tarde de risas para empezar estas festas de Nadal.

diciembre 8, 2019

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *