Charla sobre os riscos de Internet para pais e nais

O próximo luns 27 de maio terá lugar nas instalacións da escola (no edificio principal) a charla anual sobre os riscos de Internet para os menores, dirixida aos pais e nais dos alumnos e alumnas da escola.

A charla, impartida por persoal da Policía, intentará amosar os múltiples perigos que se agochan detrás dun uso incontrolado de Internet, de acceso ás redes sociais, etc., por parte das nosas nenas e nenos: ciberbullying, abuso sexual, sexting, suplantación de personalidade, acceso a contidos non adecuados, adicción a xogos, baixada do rendemento na escola, etc. E, máis importante, nos dará aos pais as ferramentas adecuadas para controlar ese uso das redes e protexer aos nosos fillos e fillas de todos ese perigos.

A charla dará comezo ás 18:30 h. Agardamos que participedes todos, xa que o tema que se trata é esencial para a adecuada formación e educación dos nosos nenos e das nosas nenas.

mayo 21, 2019

Etiquetas: , ,

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *