Campamento de verán na Asociación de Lavadores

A ANPA Escolas Nieto chegou a un acordo coa Asociación de Veciños de Lavadores para que os nenos e nenas da escola poidan asistir ao campamento de verán que organiza a Asocación a precios reducidos.

O campamento celebrarase nos meses de xullo e agosto, con horario de 9:00 a 14:30 horas. Hai servizo de madrugadores dende as 8:30 e servizo de tupper, poden comer alí a comida que leven de casa e quedar ata as 15:00 h.

O precio do campamento é de 40 € a semana e 70 € a quincena (35 € e 60 € para os socios da asociación). Os nenos e nenas que presenten o carné da ANPA de Escolas Nieto terán un desconto de 5 €. Os servizos de madruga e tupper teñen un coste adicional de 10 €.

O derradeiro día para inscribirse é o 24 de xuño.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *