ANPA

A Anpa dá a benvida a todas as familias ó novo curso. Hai catro cursos que comezamos o noso proxecto, con ilusión e resultados moi satisfactorios, aprendendo cada día e intentando a mellora constante, contando coa vosa confianza.

Un curso máis que comeza con incertidume e descoñecemos as actividades que podemos levar a cabo, traballaremos máis ca nunca para conseguir, idear, organizar actividades para as familias da escola, iremos informándovos de todas as actividades, ideas e eventos que se vaian realizando, agradecemos calquera colaboración ó respecto que nos queirades aportar.

Lembramos que asociarse e participar nas actividades da ANPA é enormemente importante para que a nosa axuda chegue a todos os alumnos e a todas as alumnas, e para conseguir proxectos que beneficien a todo o alumnado. Invitámosvos a ser socios e a colaborar nas nosas actividades, que ó fin e ó cabo son de todos.